Ainhoa Villaverde Silva

O VI Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal premia nove historias cheas de vida e de perda. Unha delas está escrita por a baionesa Ainhoa Valverde Silva, alumna de 5ºB do CPI de Cova Terreña, gañadora do 1º premio na categoría infantil.

O seu microrrelato titúlase “O meu irmán” e fala da costume que ten o seu irmán de non facerlle caso ao espertador cando soa. Algo sorprendente acontece ao final…

Arwen Fernández García (Nigrán, 2014), alumna do CEIP Humberto Juanes, recibiu o segundo galardón por “O poema”, o segundo relato máis curto de todos os distinguidos, de só 11 palabras.

Na categoría de persoas adultas, recibiu o segundo premio a costureira e contacontos Nanda Misa, veciña de Nigrán, por “A foto”, unha emotiva historia de 196 palabras que viaxa a tempos pasados nos que a fotografía foi máis ca nunca unha forma de inmortalizar os seres queridos.

Costureira e contacontos, a autora deste relato non entende a vida sen creatividade, “en forma de puntadas ou de palabras”. Adora a lectura, os contos e as lendas, e as pequenas historias de “case medo”, unha paixón que de seguro deixou pegada no seu relato.