A colaboración entre DOCTORTOY e o Concello do Rosal continúa. A aposta do concello por poñer en valor diferentes espazos do municipio, amplíase nesta ocasión a Pías-Cumieira.

O baixo da ponte do vial no seu trancurso pola Estrada da Devesa en Pías, loce unha nova apariencia despois do mural realizado por este artista en colaboración con AnaUnga.

A Fonte do Ouro, é o último dos murais que locen nos espazos públicos da vila rosaleira. Esta fonte datada de 1901, ainda da servizo aos vecinos da zona.

Os murais da Rotonda da Feira, Pías, Parque do Calvario, Valdemiñotos coa colaboración de ACOR, e O Picón grazas á comunidade de veciños deste barrio, son espazos recuperados e postos en valor.

O proxecto de recuperación dos espazos máis representativos do Rosal continúa con máis iniciativas que en breve se mostrarán. A arte sae á rúa para o desfrute de toda a poboación.