O II Congreso Escolar de Educación Ambiental sobre Compostaxe reúne a representantes de sete centros de ensino da provincia, no cal participa o IES Terra de Turonio de Gondomar, que desenvolveron un proxecto propio no ámbito da compostaxe e que participaron no programa educativo do Plan Revitaliza organizado pola Deputación de Pontevedra contando co deseño e supervisión do CEIDA.
Neste curso percorréronse numerosos centros de ensino da provincia dando a coñecer pautas para a prevención e manexo dos residuos urbanos en xeral e da compostaxe da fracción orgánica en particular. A formación procura ser relevante e emotiva, baseándose na aprendizaxe significativa, e poñendo ao alumnado “no centro da ecuación”.
A visión protagonista do alumnado estase a facer patente no congreso escolar, que foi convocado na primeira parte do curso lectivo, cando os centros educativos tiveron que presentar un proxecto. Os centros escollidos desenvolveron o seu proxecto no centro ao longo do curso, e chegado o mes de maio “toca facer a avaliación e posta en común dos resultados, unha tarefa que no congreso escolar chegará da voz dos seus protagonistas, o estudantado”, explican dende o Ceida.
Proxecto Os supervermes do IES Terra de Turonio de Gondomar:
O seu proxecto céntrase na vermicompostaxe e incluie:
- Exploración de ideas previas sobre a produción de residuos e a necesidade de reducir, reutilizar e reciclar.
- Recoñecer a compostaxe como un proceso natural de reciclaxe dos residuos orgánicos obtendo un material útil.
- Búsqueda de información sobre o proceso levado a cabo polos vermes no proceso da vermicompostaxe.
- Deseño, fabricación e posta en marcha dunha vermicomposteira que axeitada ao contexto do alumnado.
- Actividades de laboratorio para identificar a anatomía e fisioloxía das miñocas.
- Identificación de outros organismos que interveñen no proceso de compostaxe.
- Realización da campaña da promoción do uso do vermicomposteira no centro e nas familias: carteis explicativos, tríptico informativo para os fogares e vídeo divulgativo.
- Mantemento da vermicompostera e observación do proceso semanalmente con rexistro científico de datos.
- Avaliación do traballo realizado.