Un total de vintecinco actividades de 17 modalidades deportivas na que participan 21 clubs e dúas empresas conforman o calendario de actividades deportivas de 2019, que esta fin de semana comeza na Eurocidade Tui-Valença e que se vai prolongar até o mes de decembro.

A presentación celebrouse esta mañá na casa do concello coa presenza do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, e os responsables de Deportes das dúas cidades, Eduardo Freiría e José Monte. Asistiron tamén representantes de varios clubs deportivos.

As modalidades deportivas que forman parte do calendario son automobilismo, fútbol, motociclismo, bicicleta de montaña, andainas, baloncesto, pádel, atletismo, judo, kung fu, natación, hockei, tenis, remo, orientación, trail e baile deportivo.

A primeira cita terá lugar mañá mesmo,2 de febreiro, co TT Eurocidade de Jeeps no que van participar 167 vehículos e 340 persoas. Continuará co TT de Motos o 23 deste mes. Amais o fútbol será protagonista coa IV Taça San Teotonio e a IV Copa San Telmo na que se van enfrontar o Tyde FC e o Valenciano co gallo das festas patronais de Valença e Tui.

Calendario de Actividades Deportivas Eurocidade 2019

  1. TT Eurocidade Jeeps– 02/02/2019
  2. IV Taça San Teotonio – 16/02/2019
  3. TT Eurocidade Motas – 23/02/2019
  4. VIII Eurocidade Btt – 17/03/2019
  5. VIII Circuito De Andainas Saudables Eurocidade:
  • Trilho Sabores Da Lampreia – 16/03/19
  • Andaina San Telmo – 28/04/19
  • Trilho Sabores Serranos – 12/05/19
  • Andaina Monte Tetón – 22/06/19
  • Andaina Do Monte Faro Ao Aloia – 20/07/19
  • Andaina Histórica De Tui – 03/08/19
  • Trilho De Talhao – 20/10/19
  1. V Torneo De Baloncesto Eurocidade – 6, 7 Y 8/04/19
  2. III Torneo De Padel Eurocidade – Anual
  3. IV Copa San Telmo – 27 O 28/04/19
  4. III Epic Race Pontevedra – 31/05, 01 Y 02/06/19
  5. VIII Eurocidade 10 – Xuño/19
  6. VI Campionato Kung Fu Eurocidade – 23/06/19
  7. VIII Torneo De Fútbol 7 Eurocidade – 29 Y 30/06/19
  8. V Torneo De Judo Eurocidade – 06/07/19
  9. IV Festival Aereo Eurocidade – Xullo
  10. IX Travesía A Nado Eurocidade – 03/08/19
  11. IV Rallie Eurocidade – 30 Y 31/08/19
  12. VI Trofeo De Hockei Eurocidade – Setembro
  13. VI Torneo De Tenis Eurocidade – Do 12 Ao 29/09
  14. III Xuntanza Motera Eurocidade – Setembro
  15. II Campionato De Iolas Eurocidade – 21/09/19
  16. Camiño Portugues A Santiago – 21, 22, 28 E 29/09
  17. II Carreira De Orientación Eurocidade – 13/10/19
  18. IV Urban Trail Night Eurocidade – 26/10/2019 – 20.30 H
  19. VI Torneo De Baile Deportivo Eurocidade – Novembro
  20. IX Trofeo De Natación Eurocidade – Decembro