O Concello da Guarda contratará proximamente a 15 persoas desempregadas grazas ao Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais da Deputación de Pontevedra.
Neste senso A Guarda pedirá traballadores para:
- Axudantes do Camión do lixo (2).
- Oficiais de Albanel (1).
- Peóns de desbroce (1).
- Varredores (2).
- Limpeza de praias (4).
- Auxiliares de Cultura (1).
- Animadores Socioculturais (1).
- Técnicos Informáticos (1).
- Técnicos de información de Turismo (1).
Dependendo do posto a desempeñar a xornada será parcial ou completa e a duración do contrato oscila entre os 6 e os 9 meses.
Todas as persoas interesadas a optar a un destes postos de traballo deberán de estar inscritas coma demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia nas categorías da seguinte táboa e empadroadas no Concello da Guarda. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.