Gran exito do Xadrez Laroca no campionato provincial

Vilagarcía acollía esta fin de semana os campionatos provinciais de xadrez na que o club Laroca de Nigrán acadaba uns grandes resultados nas categorías absoluta e sub16.

Na categoría de sub 16 xogada a seis rondas o laroqueiro Artai Bringas, que rematou invicto no segundo posto da xeral con 5 puntos, a medio punto do campión. Asimesmo, Ana Fernández procalmouse campiona femenina o rematar no posto 17 da xeral con 3 puntos.

Nesta categoría destaca o papel feito por Ricardo Fernández que finalizou no oitavo posto da xeral con 4 puntos, Pola súa parte, Mauro Sanromán finlizou no posto doce con 3,5. Outros representantes nesta categoría foron Laura González, que rematou no posto 20 e Osían Pombo no posto 24, ambos con 2,5 puntos, mellorando o seus postos de saída.

Na categoría Absoluta disputada a sete rondas o xogador Constantino González rematou no terceiro posto da clasificación xeral con 5,5 puntos e finalizou o torneo invicto; nesta categoría o laroca tamén conseguiu o campionato femenino da man Mireya Represa, que rematou no oitavo posto da xeral con 4,5 puntos.

Hai que destacar a participación de Francisco Rego que rematou no decimo posto da xeral con 4,5 puntos e Jorge Carneiro que rematou no posto 31 con 3 puntos mellorando o seus postos de saída.

Na categoría sub 14 a pesar de non acadar postos de honor, os representantes do Laroca Diego Abalde, Marcos Rego, Sara González e Brais Rouco realizaron un gran torneo rematando todos por encima dos seus postos de saída, a pesares de ser o seu primeiro ano na categoría, igualmente que na categoría sub 12 cos irmans David e Marcos González.