A poetisa Rosalía de Castro

0 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro, a escritora máis representativa da literatura galega, e é por iso que o 24 de febreiro é o día escollido para rememorar a súa obra e figura en toda Galicia.

Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda, cada ano se preparan variadas actividades nas que se busca a implicación de diferentes colectivos, moi especialmente o alumnado dos diferentes centros. Para este ano buscase estender a participación ás asociacións, hostaleiros e público en xeral con diversas actividades.

Actividades na hostalaría

Se eres un restaurante, tapería, cafetería, ou bar, podes unirte á iniciativa “CALDO DE GLORIA” que promove a Fundación Rosalía de Castro entre todos os hostaleiros do país. A proposta consiste en ofertar dentro dos menús habituais, a carta ou como tapa, durante o fin de semana do 22 ó 24 o «Caldo de Gloria», receta que aparece dentro do poema “Miña casiña, meu lar” no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

Os establecementos participantes nesta iniciativa poden recibir da Fundación Rosalía manteis individuais co poema de Rosalía, ademais dun cartel publicitario para colocar na porta ou vitrina do local.

Para beneficiarse desta publicidade é necesario comunicar a participación no Departamento de Cultura do Concello da Guarda antes do 13 de febreiro.

Actividades para Asociacións e grupos de música

Se eres unha asociación ou grupo musical, a Concellería de Cultura convídate a participar na iniciativa «Rosalía nas Redes». Só tes que facer unha gravación co teu grupo ou colectivo musicando ou recitando un poema, ou versión musicada de Rosalía de Castro da túa elección e compartilo no facebook e no twiter baixo o hashtag #Rosalíate #Aguarda etiquetando a @culturaguarda.

Actividades para amantes da poesía

Se eres un amante da poesía, da obra de Rosalía ou simplemente te apetece participar da lectura de poemas da autora, podes participar no Concerto-recital que o día 23 de febreiro celebrarase no Centro Cultural, ás 20:30 horas, lendo un poema. Para elo debes anotarte antes do 15 de febreiro no Departamento de Cultura do Concello (986 610 000 ext.5 ou cultura@aguarda.es)

Estas actividades serán complementadas coa obra de monicreques “A Viaxe de Rosalía”, programada en horario escolar para o alumnado dos centros escolares e o Concerto do grupo Evoéh, sexteto musical que amosará unha coidada versión musical dos poemas de Cantares Galegos o sábado 23 de febreiro, ás 20:30 horas no Centro Cultural.