Este venres, ás 20:00 horas, terá lugar na Casa dos Alonsos a Pasarela do Traxe Galego, organizada pola Asociación Recuperación do Traxe Galego da Guarda.

Este desfile é a antesala da Inauguración da XI Exposición do Traxe Galego que estará nos baixos do Concello ata o 3 de xullo en horario de 18:00 a 21:00 horas.