A Guarda e o Consorcio da Zona Franca de Vigo tenden lazos de colaboración
David Regades firmando en el Libro de Oro del Concello de A Guarda

O Delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, realizou a primeira visita institucional ao Concello da Guarda, onde foi recibido polo alcalde, Antonio Lomba, e por parte da corporación local, asinando no libro de ouro do Concello.

Nesta primeira visita, Regades mantivo unha xuntanza de traballo na que se trataron diversos temas para tender lazos de colaboración institucional entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello da Guarda.

Por unha banda, acordouse ampliar a área de influencia da Zona Franca de Vigo ata o Concello da Guarda, xa que o municipio forma parte da Área Metropolitana de Vigo.

PARQUE EMPRESARIAL A GUARDA-ROSAL

Sobre o estado do Parque Empresarial e Industrial entre A Guarda e O Rosal, o Concello vai a facer un estudo de viabilidade dos distintos proxectos que neste momento están en marcha dentro do Plan Xeral, contando co apoio da Zona Franca para realizar futuras inversións se estes estudos teñen un balance positivo.

VIVEIRO DE EMPRESAS

Outros dos temas desta xuntanza foi a necesidade de contar no municipio cun centro de formación, viveiro de empresas, aceleradora ou coworking. O delegado apoia esta decisión que valorou moi positivamente, quedando pendente de que o Concello facilite un local e se realice un proxecto de reforma do mesmo, “para potenciar un intercambio de coñecementos e promover e fortalecer a actividade empresarial ao igual que xa se está facendo nos 6 espazos deste tipo promovidos dende o Consorcio da Zona Franca de Vigo en Baiona, Marín, O Porriño, Vigo e Nigrán”, manifestou Regades.

INFRAESTRUCTURAS

Nesta primeira reunión entre ambas institucións se tratou a necesidade da infraestrutura viaria entre Tui e A Guarda, que permita dinamizar a economía deste territorio e facilitar a loxística dos produtos que se fabriquen e comercialicen dende A Guarda, polo que Consorcio da Zona Franca de Vigo vai a apoiar o remate desta necesaria infraestrutura, facendo un chamamento a dar un impulso dende as diferentes administracións, sobre todo á Xunta de Galicia que é a que ten responsabilidades nesta materia, coma garantía dos estudios de viabilidade dos parques empresariais deste territorio.

EMPREGO E FORMACIÓN

O Concello convidou ao Consorcio da Zona Franca de Vigo a participar na vindeira Feira de emprego e formación “Tecnoimaxín”, que terá lugar na Guarda do 25 ao 27 de outubro. David Regades confirmou a súa presencia no acto de apertura así coma a participación, nas ponencias que se van a celebrar, dun técnico do Consorcio da Zona Franca de Vigo para falar dos diferentes proxectos que ten en marcha a Zona Franca e que apostan polo empresariado galego, aportando unha ferramenta para os empresarios e emprendedores da zona.

Tralo remate desta reunión de traballo, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, entregou a David Regades un agasallo conmemorativo desta primeira visita á Guarda, para desprazarse despois ata as instalacións da Organización de Palangreros Guardeses, onde foron recibidos pola súa Xerente, Juana Parada e o seu Presidente, Joaquín Cadilla, onde se abordou a iniciativa de Orpagu para a creación no municipio dunha planta de transformación de produtos da pesca que se instalaría no concello, iniciativa que foi ben recibida dende o Consorcio da Zona Franca de Vigo e que contará co seu apoio.