Este domingo, disputarase nas recén estreadas instalacións do Pavillón da Carballeira de Ourense a segunda Sede da Liga Galega de Hockey Liña da categoría masculina.
En ela o equipo A Guarda Hockey Liña enfrontarase a Brigantium Beta de Arteixo ás 10:00 horas e a CHL Lóstregos de Lugo ás 18:45 horas.
O equipo guardés afronta a derradeira Sede deste ano na terceira posición da táboa clasificatoria despois de deixar moi boas sensacións no que se leva disputado de competición.