O pasado sábado día 16 de xuño de 2018, o Auditorio de San Bieito da Guarda acollía unha homenaxe a todo os remeiros guardeses dos anos comprendidos entre o 1940 e 1970.

O acto, que tivera que suspenderse pola metereoloxía adversa do pasado 9 de xuño, estivo organizado pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais “Piueiro” e o Clube de Remo Robaleira, en colaboración co Concello da Guarda.

Fíxose a entrega de pracas conmemorativas a varios remeiros e tamén aos seus familiares, pracas confeccionadas pola Asociación Avelaíña. Os homenaxeados foron pasando polo centro do Auditorio nun corredor formado por rapaces e rapazas do Clube de Remo Robaleira, quenes lle fixeron entrega dos seus recoñecementos entre os aplausos do público asistente, e entre algunhas bágoas dos homenaxeados, moi emocionados con este acto.

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, destacou a importancia de manter vivas as tradicións das antigas embarcacións a vela e remos, os grandes volanteiros e molleiros, e coma non podería ser doutra forma, as diferentes tripulacións de remeiros guardeses que grazas a este acto se recoñeceu, facendo que non queden no esquecemento.

Tamén se puxo en circulación un libro que recolle unha selección de fotografías sobre os remeiros e os inicios deste deporte na vila guardesa, fotografías recopiladas de arquivos familiares e fotógrafos daquela época.

Sobre Piueiro

A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro nace a finais do ano 2017 na Guarda co obxectivo de recuperar o pasado e a historia mariñeira da vila, potenciando, recuperando e pondo en valor o mundo do mar da maniera máis tradicional