Invisibles
Invisibles

Redrum Producciones de Santiago de Compostela presenta este venres, 15 de febreiro, ás 21.30 horas no Teatro Municipal de Tui a obra “Invisibles”.

Marián Bañobre dirixe o elenco formado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez. O espectáculo está baseado no libro homónimo de Montse Fajardo, autora tamén de “Matriarcas” e “Un cesto de mazás”.

“Invisibles” presenta historias reais de mulleres galegas vítimas de malos tratos unidas polo fío común da violencia de xénero. Unha reflexión sobre o perfil das mulleres que sofren, sufriron, esta lacra e sobre a invisibilidade dos agresores fronte á exposición delas na sociedade.

Con este espectáculo Redrum presenta dúas grandes reflexións: a inexistencia dun perfil típico entre as mulleres que sofren violencia de xénero e a invisibilidade dos agresores fronte á exposición das vítimas ante a sociedade. Busca que o público desenvolva unha conciencia crítica e cuestione a realidade que o envolve para poder así transformala.

As entradas están á venda en Cultura Tui ata este venres 15 de febreiro ás 12:00 horas, e este mesmo venres dende ás 20:00 orash no despacho de billetes, aos prezo de 6€ e 5€.