A Jalleira
CEDIDA // A Jalleira

A asociación naturista «A Jalleira», fará este domingo unha plantación voluntaria duns 500 árbores de especies autóctonas e de ribeira nos montes de Oia, no lugar da Salgosa, preto do miradoiro da estrada Oia- A Valga.

Neste voluntariado contarán coa colaboración da C.M.V.M.C. de Oia e a parella formada por Raquel e Darío, os cales a asociación dalles as gracias pola árbore que doan como conmemoración do seu casamento.

Ao terminar a plantación haberá comida e bebida para todos os participantes. Os asistentes que acudan ao voluntariado deberán, se é posible, levar algunha ferramenta para a plantación. As plazas son limitadas. O punto de encontro é ás 10:00 horas na casa da cultura de Oia.