O vindeiro 7 de xuño terá lugar, de 16:00 a 19:00 horas, un obradoiro sobre Técnicas de Comunicación, incluído na oferta formativa da Oficina Municipal de Información Xuvenil.

As inscricións seguen abertas ata esgotar as prazas, as persoas interesadas terán que dirixirse ata a OMIX ou poñerse en contacto a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 61 0000.

Neste interesante obradoiro abordaranse temas como os procesos info comunicativos, a comunicación e información dixital e ferramentas comunicativas, unha temática de actualidade moi útil para multitude de profesións e mesmo para a vida diaria.