Fai 15 días que o CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios de Nigrán iniciou a recollida de alimentos e xoguetes. Como tódolos anos, o alumnado e o persoal do centro colaboran na Operación Quilo e, nesta ocasión conseguiron 300 kg. e moitos xoguetes.

A cambio, os rapaces podían escoller un libro pola súa doazón, de maneira que todos saian gañando. Un graniño de area para todas as familias que o necesiten neste concello.