Esta mañá tivo lugar a presentación das obras de mellora do Pavillón Municipal na que estiveron presentes José Ramón Lete, secretario Xeral para o Deporte, Daniel Benavides Alonso, Xefe do Servizo Provincial de Deportes, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, o concelleiro de Deportes, Germán Fernández Rodríguez, Mª del Carmen Alonso Alonso concelleira do PP do Rosal, e Andrés Senra e Rafael Vicente presidente e membro da directiva do clube Acanor Atlético Novás.
Estas obras realizáronse mediante a sinatura dun convenio entre o Concello do Rosal e a Secretaría Xeral para o Deporte, nas que se investiron un total de 46.883 euros e consistiron na ampliación e remodelación da zona de vestiarios e duchas, así como a realización dun aseo adaptado, cerramentos e división, revestimentos, pavimentos, fontanería e sanitarios, electricidade e equipamentos.
Logo de varias reunións mantidas entre o novo equipo de goberno e o clube Acanor Atlético Novás, principal usuario das instalacións deportivas, decidiuse modificar o proxecto inicialmente previsto coa finalidade de adecualo ás necesidades reais do seu uso.
Desde o concello agradecen á Xunta de Galicia e agardan poder contar con eles para a realización da segunda fase de melloras que queda pendente no pavillón municipal.