Este xoves, no auditorio de Goián ás 21:30 horas, o Cineclub Poleiro proxecta a película de cine fantástico, Lazzaro Feliz, da directora italiana, Alice Rohrwacher, premiada ao Mellor Guión en Cannes e o Premio Especial do Xurado en Sitges (2018).

Sinopse:

Lazzaro, un campesino de excepcional bondade, vive nunha aldea, lonxe do mundo, controlada pola marquesa Alfonsina de Luna. Alí os campesinos son explotados e abusan da súa bondade. Un día coñece ao fillo da marquesa e comenza unha amistade que leva a lazzaro á través do tempo a coñecer o mundo moderno.

O cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño.