ALFREDO // Entrada de la pirotecnia La Gallega, en Baldráns

A Subdelegación do Goberno de Pontevedra non ten ningunha orde da Xustiza para proceder á eliminación dos materiais explosivos que foron decomisados pola Garda Civil tras a explosión do almacén ilegal en Paramos.

Estes materiais están depositados nos almacéns da empresa “La Gallega”, en Baldráns, que reúnen todas as condicións de seguridade, dende o momento da súa incautación por orden xudicial.

O resto de material, que non está sometido a intervención xudicial, é unha responsabilidade da empresa propietaria. De feito consta nesta Subdelegación información de que está procedendo o seu desaloxo de xeito graduado.