Conchi Ortega

Conchi Ortega, voceira do Partido Popular da Guarda, forma parte da candidatura que os populares presentan ao Senado nas próximas Eleccións Xerais do 28 de abril.

Ortega participou na presentación da lista en Pontevedra que tivo lugar o pasado venres, na que tamén estiveron o presidente provincial don Alfonso Rueda .

A voceira do PP de A Guarda, manifesta a súa satisfacción por formar parte desta lista, e o seu compromiso é seguir traballando por A Guarda e o Baixo Miño. “Quero agradecer que o partido confiase en min e que tivese presente á Guarda e ao Baixo Miño para formar parte desta candidatura, pero tamén que tivese en conta o traballo realizado polo grupo municipal popular”

Recoñece que aceptou esta proposta sen pensar, “primeiro porque a encabeza Dª Ana Pastor, unha muller que profesionalmente e politicamente o demostrou todo e o vai a seguir demostrando. E en segundo lugar, porque cree que estas eleccións son importantes para garantir a unidade de España, a liberdade en todos os territorios, loitar pola igualdade, e por un futuro económico para o País, que significará ao final que as persoas poidan vivir mellor. Por estas razóns, hai que colaborar e comprometerse, non sirve esconderse, hai que dar a cara nun momento que vivimos con tantas ameazas e apoiar aos compañeiros de candidatura que obteñan acta no Congreso e no Senado, sempre pedindo que defendan os intereses do Baixo Miño, dende logo, sei que formo parte de unha candidatura que é un valor seguro para a defensa da democracia e a constitución”.