WIKIPEDIA

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que, a partir do día 4 de abril, ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillos menores de tres anos para o ano 2019.

Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 01 de xaneiro de 2016 e 31 de decembro de 2017 (inclusives) e non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2017, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados. O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 28 maio 2019.

Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de  9:00 a 13:00 horas, os luns, mércores e xoves.