vista de a Guarda
ALFREDO // Panorámica de A Guarda

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, destinará 24.000 euros, seis mil euros cada un, a Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda coa finalidade poñer en marcha programas dedicados á mocidade durante o ano 2019.

Estas axudas teñen como obxectivo fomentar a realización de actividades de educación non formal e a participación xuvenil no ámbito local, en especial, proxectos relacionados co emprendemento e a empregabilidade dos mozos, a promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación, a dinamización da información, o fomento de actitudes creativas e da inclusión social e laboral, a dinamización da lingua galega e do empoderamento das mulleres, a conservación do medio rural e a creación de espazos para a comunicación.