Os Socialistas de Tomiño reuníronse na tarde do pasado xoves para avaliar e analizar polo miúdo os resultados electorais das pasadas eleccións europeas e municipais ,así como a campaña.
Coinciden todos en avaliar moi positivamente os resultados ao obter unha subida porcentual do 65 % e acadar o dobre de concelleiras, quedando a tan só 175 votos de conseguir a terceira concelleira.
Con respecto a campaña electoral, os socialistas amosan a súa satisfacción por ter levado a cabo unha campaña austera, honesta e absolutamente limpa, acorde a súa maneira de entender a política.
«Cremos que outros grupos políticos non poden dicir o mesmo, por ter axitado fantasmas con presuntos pactos inexistentes», indican. Os socialistas de Tomiño abren un novo tempo de traballo para acadar mais confianza da veciñanza e declaran a súa intención de fiscalizar o labor do goberno, cunha oposición leal institucionalmente, e o mesmo tempo dura, firme e eficaz.