Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o vindeiro 8 de xuño a exposición itinerante “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber que eran fantásticos”. Esta mostra pódese visitar na zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui.
O obxectivo da exposición é promocionar a literatura dos xéneros fantásticos (fantasía, terror, ciencia ficción) entre o público lector que non adoita achegarse a estes xéneros`. Relaciona dez obras clásicas, sobradamente coñecidas e escollidas polo seu compoñente fantástico, con dous libros menos populares entre o público xeral, pero moi apreciados polos afeccionados á esta literatura de xénero.
A exposición foi cofinanciada pola asociación Pórtico (Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción y Terror) e a fundación Marli Brosgen. Está comisariada por Laura Soriano (deseño e ilustracións), Rodolfo Martínez (selección de obras), Consuelo Abellán e Juan Manuel Santiago (selección de obras e redacción dos textos).