El corredor ,Daniel Antonio entrando en meta

Qualité Sports Events, en colaboración co Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, prepara unha nova edición da Nocturna Nigrán H2K Plaza.

O derradeiro sábado do mes de marzo foi a data elixida para unha proba apta para tódolos “runners”, na que ademáis poderán elixir entre 2 distancias de 5.000 e 10.000 metros.

O circuíto, que estará iluminado, será 100% sobre asfalto e totalmente chan, constando de dúas voltas para os atletas dos 10 quilómetros. A saída e chegada estará situada no aparcamento do Campo das Redes, en pleno paseo de Praia América

As 19.00 horas, celebraranse carreiras de categorías inferiores, con distintas distancias, para que os máis xoves se introduzan un mundo do atletismo.

As inscricións poden realizarse en Nigrán H2K Plaza así coma de forma presencial no ximnasio PLAZA FITNESS de Nigrán, (praza Rosalía de Castro 9-11) con un custe de 5 € para o 5.000 e de 7 € para o 10.000 ata o 14 de febreiro, logo incrementaranse os prezos en dous euros ata o 27 de marzo, data límite, sendo 400 o número máximo de participantes.