El Vigo-Rías Baixas se presenta con nuevo nombre y la misma ambición
El Vigo-Rías Baixas

O Concello de Nigrán, a través da súa publicación hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), abre dende maña o prazo dun mes para que as entidades deportivas do municipio soliciten subvencións municipais.

Para as actividades de fomento da práctica deportiva destínanse 25.000 euros en total, establecéndose un mínimo de 1.000 euros por entidad solicitante para participar en competicións oficiais (o 60% do orzamento que dispoñan para este efecto) e por outra banda un máximo de 1.500 euros para a realización de actividades deportivas nas que se valorará a duración, antigüidade da mesma, número de persoas beneficiarias e que sexa un deporte tradicional galego como os bolos celta.

O seu íntegro das bases está publicado na sede electrónica do Concello de Nigrán, apartado “Transparencia”, subapartado “Taboleiro de anuncios”.