A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona, organiza un ano máis o Campamento Urbán de Baiona destinado a nenos e nenas de 5 a 11 anos.
Haberá dúas quendas a escoller unha:
1º quenda: do 15 ao 31 de xullo.
2º quenda: do 1 ao 16 de agosto, ambas en horario de 10:30 a 13:30 horas.
Entre as actividades que se van a levar a cabo, destacan diversas excursións aos monumentos de Baiona, como á Virxe da Rocha, á Carabela Pinta, a Casa da Navegación, o Castelo de Monterreal, saídas medioambientais, xogos na praia, coñecerán un tramo do Camiño Portugués pola Costa, festa de despedida, entre outras.
O prazo de solicitudes para participar neste campamento está aberto ata o 20 de xuño e a adxudicación de prazas realizarase mediante sorteo.
Esta actividade é totalmente gratuíta. Máis información na Omix, 2º andar da casa do concello ou no teléfono 986385921.
