Concello de Nigrán e Deputación de Pontevedra, queren achegar unha actividade ao redor da figura de Antón Fraguas, historiador e etnólogo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019.

Neste caso, a actividade que ofrecen será este martes, dende as 17,00 horas, na praza do concello baixo o  título “O misterioso caso de Antón Fraguas” levado a cabo por Polo Correo do Vento.

Está baseado na publicación “A detective Peregrina e o insólito caso Antón Fraguas”, editado polo mesmo grupo a través de Lela Edicións.

Na actividade narran oralmente e musican a historia, misturada coa realización dun mural, co obxectivo de dar a coñecer a vida de Antón Fraguas. Está dirixida a público infantil en idade de primaria (5 -12 anos).