Agrupación Musical de O Rosal.
BRAIS MARTÍNEZ // Agrupación Musical de O Rosal.

O Día das Letras Galegas é un día especial para todos, no cal destacamos a importancia da literatura no noso idioma, estando este ano adicado a Antorio Fraguas Fraguas.

Nesta data, ademais de enxalzar á figura do escritor, a Agrupación Musical do Rosal vai amosar a súa arte a través da música, coas diferentes actividades que organiza. Todos os actos terán lugar na Praza do Calvario, que, en caso de chuvia, estará cuberta cunha carpa.

Programa:

Xoves 16:

  • O día 16 hai preparada unha verbena por todo o alto, coa participación do grupos local de pandereteiras «Tremelique» e coa actuación dos mellores cultivadores de festas populares, os «Festicultores».
  • Os concertos comezarán ás 21:30 horas e dende ás 21:00 horas poderase degustar Porco ó Espeto a prezos populares, contando tamén con cantina.

Venres 17 (festivo):

  • Xa o 17, Día das Letras Galegas, hai diversas actuacións e actividades durante todo o día. Terán protagonismo os rapaces da escola de música, mediante actuacións da Banda Infantil, Coro Infantil, Grupo de Clarinetes Kla-son, alumnado da escola de música, música tradicional con Orballo, e outros amigos como os grupos de gaitas Imos-lá e Airiños do Tamuxe, e as pandereteiras Tambaluca. Tamén acompañarán a Agrupación «Ecopercussión (obradoiro de percusión con materiais de refugallo)» que farán disfrutar os nenos demostrando o aprendido nun improvisado concerto de batucada.
  • Aparte da compoñente literaria e musical, nese día tamén se intenta fomentar a convivencia entre tódolos membros da Agrupación, grandes e pequenos….. Música, venda de libros, obradoiros, e postos de comida e postres caseiros a prezos populares, co fin de recadar fondos para as actividades que realizan durante o ano na escola de música e no colectivo. Tamén hai confirmada a colaboración do Mercado Local, que estarán presentes participando cos seus postos de artesanía, plantas, costura, etc.

A Agrupación Musical do Rosal ven organizando esta actividade, en colaboración co Concello do Rosal, dende o ano 2006. En todas as edicións tiveron moi boa acollida por parte do público, asistindo ademais da poboación do Rosal visitantes doutros lugares do Baixo Miño e incluso doutras comarcas da provincia.