Suspendido el concurso de rondallas de Vigo
FOTO: Federación de Rondallas de Vigo y su Área Metropolitana (2017)

O II Concurso de Rondallas, organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo en colaboración coa Xunta de Galicia, celebraráse este domingo 13 de xaneiro no Ifevi.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou o II Concurso de Rondallas de Vigo, no que este ano participan 14 agrupacións no Instituto Ferial de Vigo e espérase a asistencia de preto de 7.000 persoas.

Na edición deste ano participarán as seguintes agrupacións:

  • Rondalla do Centro Cultural de Vincios (Gondomar).
  • Rondalla do Centro Veciñal Parada (Nigrán).
  • Rondalla da Nosa Merced de Chaín (Gondomar).
  • Rondalla do C.S.C.R. de Beade (Vigo).
  • Rondalla do C.C.V. de Zamáns (Vigo).
  • Rondalla do C.C. de Torroso (Mos).
  • Rondalla da Sociedade Cultural Pontellas (O Porriño).
  • Rondalla do C.C. Helios de Bembrive (Vigo).
  • Rondalla C.C.A.R. de Valladares (Vigo).
  • Rondalla C.C. de Atios (O Porriño).
  • Rondalla do Círculo Cultural Sta. Eulalia de Mos (Mos).
  • Rondalla do Centro Cultural Herville (Mos).
  • Rondalla Peña de Freixo (Vigo).

Todas as agrupacións recibirán un detalle por participar e, ademais, serán premiadas as tres mellores rondallas. O certame contará cunha categoría especial na que se recoñecerá aos tres mellores Abandeirados. A entrada terá un prezo reducido de dous euros.

As rondallas, unha valiosa tradición

En palabras do conselleiro, as rondallas «forman parte dunha tradición moi valiosa, e dan acubillo ás inquedanzas musicais de moitas persoas«. Concretamente, en Galicia as rondallas teñen as súas orixes nos chamados Ranchos de Reis, que eran conxuntos de veciños que se xuntaban polo seis de xaneiro para ir pedir o aguinaldo ao resto de veciños.

A pesar de que estas formacións seguen existindo na actualidade, boa parte delas sufriron unha evolución importante creándose as rondallas no sur de Pontevedra. No tocante as pezas musicais que interpretan, cómpre destacar que se poden atopar desde temas tradicionais ata éxitos actuais de música rock ou disco.

No ámbito territorial, podemos centrar estas agrupacións en concellos domo O Porriño, Mos, Vigo, Gondomar, Tui, Redondela ou Nigrán. A súa importancia propiciou que desde o ano 1980 sempre se celebre unha cita anual onde todas as rondallas poden reunirse, concursar e mostrar a súa valía.

Nos últimos sete anos esta cita vense celebrando no Instituto Ferial de Vigo reunindo a miles de espectadores. Trátase dunha xornada festiva na que se respira entusiasmo por parte de todos, dende músicos rondalleiros aos propios espectadores que cada ano ateigan o recinto ferial.