O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá en Redondela a escola infantil As Marismas da Galiña Azul coincidindo co inicio do novo curso escolar nos centros pertencentes a esta rede pública autonómica que abren as súas portas na Comunidade cun total 8.260 nenos e nenas de 0 a 3 anos admitidos, 237 máis que o curso anterior.

No que atinxe O Val Miñor son 205 nenos os que comenzaron o novo curso, 71 en Nigrán, 69 en Gondomar e 65 en Baiona.

En canto á lista de agarda provisional, o inicio do curso no conxunto de Galicia rexistra 2981 solicitudes que, no caso de que o teñan pedido, se poderán acoller ao programa Bono Concilia e recibir unha axuda de entre os 45 e os 250 euros mensuais, a contía varia en función da renda da unidade familiar, para contribuír ao pago de praza na escola infantil que elixan e que non conte con financiamento por parte da administración. Deste xeito, a lista de agarda volverá ser de cero un curso máis.