Un ano máis chegan as barferencias ós bares da Guarda. É un formato que acadou grande éxito nas súas edicións anteriores, xa que permite debater e profundizar sobre diversos temas nun ambiente íntimo e distendido.

Nesta nova edición volven a primar os temas históricos e arqueolóxicos, que tanto interese espertan sempre entre a poboación, destacando as charlas que achegan os resultados das últimas intervencións arqueolóxicas nas salinas do Seixal e no Monte Santa Trega.

O ciclo de charlas iniciarase neste mes de novembro, cunha charla adicada á igualdade de xénero, que terá lugar este venres e será impartida por Montse Fajardo, periodista especializada en temas de igualdade e memoria histórica, que nos falará nesta ocasión do seu libro Invisibles. Será no Bar Benedictus ás 20:30 horas.