Xogadores do Club de Balonmano Acanor Novás súmanse este ano á Campaña ‘Eu Tomo Partido’ Contra a Violencia de Xénero do Concello do Rosal.

Este ano parte do equipo de Acanor Novás colabora neste proxecto que pretende visibilizar e posicionarse en contra da  violencia de xénero.

Dez persoas, entre xogadores e directivos do Acanor Novás de balonmán, decláranse abertamente contrarios á violencia exercida contra as mulleres e rexeitan calquera tipo e agresións.

Neste ano 2018 Miguel Trigo, Manu Martínez, David Lechuga, Yago Alonso, Paulo da Costa, David G.Pichel, Pablo Alonso, César Armán, Germán “Jimmy” e Manolo “Campelo” colaboran no proxecto que se iniciou hai 3 anos e no que colaboraron xa en anteriores edicións deportistas locais no ano 2015, profesorado dos centros educativos do Rosal no ano 2016 e profesoras da escola infantil Galiña Azul do Rosal no pasado ano 2017.

O Club quere agradecer a parte da plantilla a súa colaboración nesta causa xa que son caras moi visibles entre a xente nova e modelos de compartamento tanto dentro como fora da pista deportiva.