Turonia G.F.G
Turonia G.F.G

Partido de volta xogado no Campo da Gándara de Chaín (Gondomar) na noitiña do sábado, entre o primeiro clube de fútbol gaélico fundado en Galicia, Fillas de Breogan da Coruña, e o máis recente o Turonia G.F.G.

A vitoria foi para as novatas do Val Minhor por 27 (3/18) a 17 (3/08). Primeiro triunfo en competición oficial na historia do feminino do Turonia G.F.G; “merecida, necesaria e gañada a pulso, logo de varias derrotas axustadas”, indican dende o club gondomareño.

Un partido demarcado case todo o tempo para as turoniás que souberon plantarse no campo cunha fortaleza e definición que non puideron superar as da Coruña. O xogo estivo bastante igualado no primeiro tempo, rematado aínda así con vantaxe de 3 puntos para as de Gondomar.

No segundo tempo a precisión no tiro os paus e a boa dosificación do esforzo e da calma por parte do Turonia, puxeron distancia entre os equipos ao final por 10 puntos. Partido intenso, con lances de duro contacto que aínda así non quentaron o ambiente; caracterizado durante todo o xogo pola deportividade e o compañeirismo.

Turonia G.F.G
Turonia G.F.G