O entroido chega a Oia este luns cunha festa infantil que encherá a tarde de variadas actividades de lecer destinadas á rapazada do municipio.

A programación, organizada polo Concello de Oia, incluirá música, animación infantil, xogos tradicionais e de mesa, maquillaxe e un desfile de disfraces.

A festa celebrarase entre as 17.00 e as 19.00 horas no Centro Cultural de Pedornes e terá como colofón unha merendola para todos os nenos que asistan.