Rubén de Lis y la Agrupación Musical de Belesar ofrecerán conjuntamente un concierto en Baiona
ALFREDO // Rubén de Lis y el director de la Agrupación Musical de Belesar, Javier Domínguez en Baiona

O Concello de Baiona celebrará o Día das Letras Galegas, adicado este ano ao escritor Carlos Casares, con concertos no Paseo da Ribeira. O cantante Rubén Lis e a Agrupación Musical de Belesar ofrecerán o día 17, ás 18:00 horas, o concerto “En clave de Folk”, mentres que as 20:00 horas, o mesmo día, será o concerto acústico de Urbano Cabrera.

A Concellería de Cultura de Baiona tamén programou para este luns, 15 de maio, na Biblioteca Municipal (rúa Carabela Pinta, 11) a actividade «Carlos Casares con maxia e música», a cargo de Álvaro Muras e Marín Camuñas.

Trátase dun percorrido a través da vida e obra do autor homenaxeado este anos nas letras galegas. Será ás 18:00 horas, ata completar aforo e para público de 3 a 14 anos, e durará unha hora.