A Concellería de Mobilidade e Modelo Urbano do Concello da Guarda, que dirixe o nacionalista Anxo Baz, convoca a toda a veciñanza da vila a un acto informativo sobre a rúa Concepción Arenal.
O acto realizarase este mércores 25 de setembro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural da Guarda.