ALFREDO (2019)

Un emotivo acto celebrado no cemiterio municipal de Baiona pechou esta mañá as celebracións do ciclo da memoria en homenaxe ás familias represaliadas dos asasinados na “Volta dos Nove”.

No evento descubriuse unha placa, cedida polo escultor Fernando Casás, cos nomes dos nove miñoranos asasinados na Bombardeira, no camiño a Baredo, o 16 de outubro de 1936.

Ao acto asistiron os rexedores de Baiona e Nigrán, membros do IEM, familiares das vítimas e numeroso público. Ademais contouse coa actuación musical de Lucía César Veloso e Manolo Dopico, que interpretaron varios temas relacionados coa memoria histórica.

Na fronte da placa figuran os nomes dos nove homes asasinados en vinganza pola morte dun falanxista:

  • Modesto Fernández Rodríguez «O Rei Chiquito» de 47 anos.
  • Elías Alejandro Gonda Alonso «O Ghonda» de 36 anos.
  • Manuel Francisco Lijó Pérez «O Lijó» de 34 anos.
  • Manuel Barbosa Durán «O Ferreiro do Burgo» de 30 anos.
  • José Rodríguez González «O Pelonio» de 45 años.
  • Felicísimo Antonio Pérez Pérez de 44 anos.
  • Generoso Valverde Iglesias, de 37 anos.
  • Manuel Aballe Domínguez de 41 anos.
  • Fidel Leyenda Rodríguez de 51 años.
ALFREDO
ALFREDO