O BNG acusa ao alcalde da Guarda de discriminar á veciñanza da rúa San Caetano

Nun comunicado de prensa remitido os medios o Bloque Nacionalista Galego acusa o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, de discriminar os veciños da rúa San Caetano.

Esta formación política fixo unha serie de preguntas sobre o proxecto de mellora da rúa San Caetano, «coa sorprendente resposta do Goberno municipal de atrasar as obras para o Plan Concellos 2018» afirman.

«Dende o BNG considérase unha discriminación cara os veciños da rúa San Caetano, sabendo que había un acordo dende setembro de 2016, para realizar esta obra dentro do Plan concellos 2.017. O acordo foi aprobado por unanimidade, polo que o PSOE incumpre o seu propio acordo» explican dende o BNG quen indican que «a moción é froito da petición de veciños que levan anos solicitando que se lle busque unha solución aos problemas de humidades e augas nos baixos debido a unha rúa estragada ao longo dos anos».

Esta xente leva anos reclamando o que é xusto, unha rúa decente. O Goberno do PSOE, desprézaos atrasando a mellora da rúa S Caetano. O PSOE sabía en setembro deste acordo, non teñen desculpas, a obra tiña que facerse este ano, si ou si. Agora que o alcalde vaia a praza de San Caetano e que llo explique á veciñanza”, comentou Ángel Baz, protavoz municipal do BNG.