O BNG solicita a peonalización de Concepción Arenal na Guarda
O portavoz do BNG en A Guarda, Ángel Baz, na rúa Concepción Arenal

O BNG vai apoiar a sinatura do Convenio entre o Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra que poñerá en marcha un dos proxectos máis transformadores para o Concello da Guarda, a remodelación da rúa Concepción Arenal.

En todo momento pulamos por un proxecto que dese prioridade ás persoas, en especial aos colectivos máis esquecidos: nenos, persoas maiores, persoas con mobilidade reducida”, apunta o voceiro municipal do BNG Ángel Baz.


“O BNG débese a seu programa electoral e este proxecto, xunto co do novo acceso ao porto, son os piares básicos para a transformación real da Guarda nun concello accesíbel, atractivo e sostíbel”, enmarca o voceiro nacionalista.

O BNG esixe compromiso ao PP e a Xunta co acceso ao porto

Para os nacionalistas é preocupante o desleixo con que a Xunta actúa ca súa obriga de dotar ao sector pesqueiro guardés dun novo acceso o Porto.



O BNG, afirman, “foi quen de desatascar a parálise na que estaba este proxecto, vinculándollo a un proxecto sectorial que o afasta dun PXOU sen consenso no que o PSOE o tiña afundido”.

Ante a nova situación que se abre, o BNG insta ao alcalde da Guarda a encabezar unha fronte común na que conte coas formacións políticas e os axentes sociais e esixir á Xunta do PP un compromiso efectivo para a execución dese novo acceso a Porto, “para iso terá sempre ao BNG ao seu carón” finaliza Baz.