Pleno de la Mancomunidad en Baiona
ALFREDO // Pleno de la Mancomunidad de O Val Miño en Baiona

Mañá celebrarase o Pleno da Mancomunidade de Municipios do Val Miñor no salón de Plenos do Concello de Baiona, as 13:30 horas, e entre os puntos da orde do día levarase a debate o plan económico e financieiro que permita dar cumprimento á estabilidade orzamentaria obrigada por lei.

Segundo o BNG “non é novidade esta situación, toda vez que xa no 2013 a Mancomunidade entrou en déficit, cando tres alcaldes do Partido Popular protagonizaban a xestión da mesma. Agora voltamos á mesma tendencia, desta vez cunha maioría de alcaldes do PSOE. Ésta non é máis que unha das consecuencias dunha mala xestión á fronte deste ente supramunicipal. A situación da Mancomunidade é moi crítica, non tanto pola súa situación financieira, sinón porque non hai interese por parte das actuais equipas de goberno en que siga existindo”.

Condénanos o servilismo do PSOE no Val Miñor ante Abel Caballero” afirman dende o BNG, “asumindo que a Mancomunidade ten que desaparecer porque será absorvida pola Área Metropolitana. Nin tampouco ten porqué subrrogar aos seus traballadores e traballadoras. É máis, nin tan siquera, a día de hoxe, podemos establecer qué servizos serán asumidos nin en qué prazo. Xa que logo, a desidia pola Mancomunidade non produce máis que un déficit nos servizos que ate o de agora vén prestando”.

A solución proposta, a modo de parche, consiste na supresión de dous postos de traballo e nun novo adiantamento do pago dunha paga extraordinaria suprimida no 2012 aos traballadores e traballadoras. Si é certo que o servizo de obras é prescindíbel, está a amosarse unha grave falta de xestión” declaran os nacionalistas.

O BNG expón que “o déficit prodúcese porque están a asumirse servizos que non son competencia dos concellos, asumindo éstes a través da Mancomunidade a súa xestión a cambio dunha subvención que cubre tan só unha parte do gasto producido. Xa que logo, son os concellos quenes están a subvencionar unha serie de prestacións que son obriga doutras administracións públicas, nomeadamente a Xunta de Galiza, producindo un grave quebranto ás arcas municipais dos concellos que compoñen o Val Miñor, non facendo valer os dereitos dos cidadáns e cidadás que representan”.

Ao contrario do que demostran os Gobernos Municipais do Val Miñor, o Bloque Nacionalista – Asembleas Abertas do Val Miñor cree na necesidade da Mancomunidade, porque existen servizos que deben prestarse nos tres concellos. Esa será a defensa da que fará bandeira o BNG-AA, procurando o maior número de apoios posíbeis para revertir a tendencia que os Gobernos Municipais de Baiona, Gondomar e Nigrán están a imponer” declara Xosé Marcote, representante do BNG-AA.