BANDALLO // Un autobús de la empresa ATSA

O BNG tomou a decisión de apoiar no próximo pleno a solicitude por parte do grupo de goberno da entrada da Guarda na Área Metropolitana de Vigo.

Dende o BNG considérase fundamental e imprescindíbel a posta en marcha dun sistema de transporte metropolitano, polo que a formación nacionalista apoiará a proposta da alcaldía na que se solicita a entrada na futura Área Metropolitana de Vigo.

Nós apoiaremos calquera iniciativa que viabilice un transporte de calidade entre Vigo e a Guarda. Falamos sistema de transporte que vaia máis aló da viaxe entre as dúas poboacións, queremos que tamén sirva para circular por Vigo”, comentou Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG.

O BNG lémbralle ao Alcalde da Guarda que non estamos diante dun “cheque en branco” e totalmente condicionado á posta en marcha do transporte metropolitano.

“De feito, xa hai un acordo plenario promovido polo BNG en 2015 na que se insta á Xunta a promoción dun transporte metropolitano”, sinala Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG pide compromiso tanto ao PP na Xunta como ao propio PSOE que goberna o Concello de Vigo, para que este transporte metropolitano sexa unha realidade e non fagan de freo pensando máis en loitas partidistas que no beneficio do pobo.