O BNG considera que a moción de censura en Tui responde á estratexia do Partido Popular na provincia de Pontevedra para conseguir nos despachos os gobernos municipais que non lle deron as urnas.
Con todo «desde o Bloque Nacionalista Galego estamos convencid@s de que a veciñanza de Tui tomará nota desta maneira de actuar do PP, na que prima os seus intereses partidistas por riba do interese xeral do concello» apunta Carme Núñez, portavoz municipal e concelleira de patrimonio.
O BNG organiza unha charla coloquio este venres, 13 de outubro, ás 20:30 horas, na Sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui para escoitar a opinión da veciñanza sobre esta manobra escura e interesada, e, tamén para dar traslado de cales son as verdadeiras razóns de dita moción de censura.
