Tras a maioría absoluta obtida este domingo nas urnas, o alcalde en funcións de Gondomar, o socialista Paco Ferreira, concedeu esta mañá unha entrevista a Telemariñas.
Nela, Ferreira explica que «esta vitoria é un recoñecemento a catro anos de duro traballo moi complicados nun concello que estaba en caída libre, morto». «A confianza dos veciños depositada en nós con máis do 50% do electorado, é un orgullo e ao mesmo tempo, unha responsabilidade».
Entrevista completa a Paco Ferreira: