A violencia de Xénero é unha das manifestacións máis graves da desigualdade entre mulleres e homes. A pesar dos avances logrados no ámbito lexislativo e formal, aínda é necesario un cambio a nivel real. Semanalmente escoitamos noticias de asasinatos e agresións a mulleres polo simple feito de ser muller. Especialmente en épocas de festas e aglomeracións as agresións sexuais increméntanse.

As Institucións así como os axentes sociais e a sociedade en xeral temos a obriga de previr e combater as agresións sexistas.

Neste marco sitúase a CampañaSE NON É SI, É NONque difundirá o Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade este pasado martes 16 de xullo (festividade do Carmen) e o 2, 3 e 4 de agosto, durante a celebración da Festas da Anunciada.

O obxectivo é sensibilizar á cidadanía especialmente á xuventude no rexeitamento cara as manifestacións de violencia contra as mulleres, impulsando unha posición activa fronte ás condutas sexistas.

  • Sensibilizar sobre a importancia da resposta cidadá fronte as agresións sexistas.
  • Informar a cidadanía sobre os recursos dispoñibles de orientación, atención e denuncia das agresións sexistas.

A Campaña lanza ademais mensaxes tanto a quen sofre unha agresión sexista como a potenciais testemuñas, recordando a estes últimos que gardar silencio e non actuar convértete en cómplice.

Informase tamén de programas específicos de atención a mulleres vítimas de violencia sexual, da aplicación móbil agresión off así como dos teléfonos de emerxencia : 112 e 016 entre outros.

A campaña inclúe :

Punto Informativo en materia de violencia de xénero, sito na rúa Elduayen. O horario de apertura será:

  • Venres 2 de agosto e sábado 3 de agosto de 20:00 a 1:00 horas.
  • Domingo 4 de agosto de 20:00 a 23:00 horas.

Carteis, flyers e merchadising.

Para a difusión da campaña contase con profesionais especializadas en xénero, e educadoras de rúa que entre outras desenvolverán as seguintes funcións:

  • Sensibilizar á xuventude sobre a importancia da resposta cidadá fronte as agresións sexistas.
  • Promover condutas de respecto e bo trato.
  • informar sobre recursos en caso de ser vítima de agresión
  • Reparto de merchandising

A Concelleira de Igualdade informa que por falta de orzamento, este ano só será posible levar a cabo a campaña nos días sinalados. No vindeiro ano a intención é levar este punto informativo a tódolos eventos e festivais con grande afluencia de público.