Este xoves, ás 21:00 horas, no paseo marítimo de Panxón, a compañía teatral, Inventi Teatro, ofrecerá o seu espectáculo “A tropa do doutor milagre”.

Un camión actuará como escenografía mentres se desarrolla o espectáculo. Trátase dunha peza participativa, dinámica e moi divertida onde pequenos e maiores se divirten.

Ubicarase no Paseo Marítimo de Panxón e rematará coa visita ao interior con pequenos grupos onde Madame Bovarí, unha das personaxes, lles fai un pequeno sketch lendo o futuro dos e das visitantes.

«Trátase dun espectáculo dirixido a todos o públicos pero sobre todo para os máis pequenos e co que continuamos a programación das actividades de verán 2019 intentando achegarnos a todo o municipio» sinala o alcalde Juan González