A Asociación Castroeladeira de Sabarís organiza, con motivo do Día das Letras Galegas, un certamen literario e unha excursión as Rías Baixas.
O certamen literario será o vindeiro sábado, 14 de maio as 19:00 horas, na plaza de abastos de Sabarís e esta dirixido a nenos. A partir das 21:30 horas a Asociación organiza un serán no que participará o grupo Destroxira e varios grupos do Val Miñor.
Para o vindeiro 16 e 17 de maio, Castroeladeira organiza unha excursión as Rías Baixas.
16 de maio:
As 15:00 horas sairá un autobús en dirección Meaño donde farase unha visita a unha bodega con degustación, para continuar a viaxe a Illa da Toxa, na cal, se visitará o museo do xabón. A cea é con buffet con entrantes de marisco. Tras cea os asistentes disfrutarán dunha queimada e baile.
17 de maio (Festivo, Día das Letras Galegas):
Despois de almolzar, os asistentes a excursión visitarán O Grove para embarcar nun cruceiro polas ría con degustación de marisco.
Xa pola tarde, se fará unha visita o mercadillo de Vilagarcia de Arousa para o posterior regreso o punto de orixen.
O prezo da excursión é de 79 euros e inclúe hotel tres estrelas pensión completa, visita a bodega, barco, baile, queimada, autobús, seguro de viaxe e guía.