O Centro Neural de Gondomar acolle a conferencia “A historia negada”

Mañá xoves 25 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Centro Neural de Gondomar e organizada pola Asociación Cultural Centáurea, terá lugar a conferencia / parladoiro  “A historia negada”, co profesor e historiador Anselmo López Carreira.

Xa na súa época Murguía, Vicetto ou Castelao denunciaban o ocultamento da historia de Galicia por parte dos historiadores oficiais, malia ter desde a Antigüidade e ao longo da Idade Media unha historia propia e relevante.

Mais a historia de Galicia tiña moi difícil encaixe no relato oficial da historia de España, tal como se deseñou desde o século XIX, polo que foi marxinada e relegada ao esquecemento. Recuperar o seu valor é a tarefa de hoxe en día.