FOTO CHANDEBRITO 1807

A Asociación Chandebrito 1807 anuncia a recollida de fotografías do século XX e relacionadas coa actividade deportiva, socio-cultural e as paisaxes da parroquia.

Para elo, premiarase con 50 euros e unha camiseta do petroglifo da Chan á persoa que entregue a fotografía máis interesante. As persoas interesadas poden remitir as fotos antes do 31/12/2017 das seguintes formas:

  • Ao enderezo electrónico: chandebrito1807@gmail.com (arquivo con resolución mínima de 300 píxels p.p. e 2.000 KB).
  • Ao enderezo postal da Asociación Cultural Chandebrito 1807, na Rúa da Igrexa nº 2 Chandebrito. C.P. 36360 Nigrán.

Indicarase nome, apelido e número de teléfono xunto cos datos coñecidos da imaxe (data, lugar, anécdotas destacables, etc.).

Máis información na internet, no seguinte lugar: Chandebrito 1807