ALFREDO

Este martes será a segunda das charlas que Esteban Figueirido ofrecerá no Concello do Rosal, dentro do proxecto Educar en Familia.

Nesta ocasión o tema a tratar será “Cómo motivar aos fillos/as nos estudos”. O horario de inicio da charla será as 19.30 no Salón de Exposicións do Concello.

Pais, nais, educadores e todas as persoas interesadas en asistir e aprender técnicas de motivación de cara aos estudos terán aquí a súa cita.

Unha vez máis contarase con servizo de canguro gratuíto para atender aos máis cativos durante a hora e media que durará a sesión. As idades para poder participar do servizo será de 3 a 12 anos.

Os nenos do servizo de canguro, poderán ser entregados desde 15 minutos antes do inicio da charla na biblioteca municipal.