Rosalía de Castro
Rosalía de Castro

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, impulsa unha serie de actividades entre os días 19 e 24 de febreiro no marco da campaña “Semana por Rosalía”, coa que se conmemora o 181º aniversario do nacemento da afamada escritora galega.

Algunhas das cativas e cativos dos centros de educación infantil e primaria da Guarda elaborarán para a ocasión debuxos persoais inspirados nos versos da poetisa, dentro da actividade «Que che inspira?».

As obras elaboradas polos escolares expoñeranse, a partir do 20 de febreiro, en distintos espazos públicos do municipio -tales como a Casa Consistorial, o Centro Cultural e a Praza de Abastos-, así como naqueles comercios da vila que desexen participar.

Orosalias comerciantes interesados en sumarse a esta iniciativa cultural, deberán poñerse en contacto co departamento de Cultura chamando ao 986 610 000 (ext. 5) ou no correo eletrónico cultura@aguarda.es, ou ben coa concelleira de Educación e Cultura, María Elena Baz, no correo electrónico elenabaz@aguarda.es.